Xestión de clubs deportivos
As entidades deportivas atravesan momentos difíciles. As necesidades recadatorias e a falta de comprensión por parte da Administración cara ao labor social desempeñado -sobre todo a nivel de fútbol base- polos equipos modestos levaron a un forte incremento do control das obrigas destes clubs nos ámbitos fiscal, laboral e contable (para un resumo dalgunhas destas obrigas, fundamentalmente no terreo laboral, pode consultarse o seguinte resumen ).
A creación da Axencia Tributaria Galega e a reciente campaña de inspeccións nos clubs de fútbol de Terceira División son unha mostra máis do proceso de incremento gradual do control sobre estas entidades. E este panorama non vai cambiar a curto prazo; máis ben ao contrario, o control e a vixilancia están aquí para quedar. De feito, as multas impostas a algúns clubs polo incumprimento das súas obrigas alcanzaron xa cifras importantes que chegan a alcanzar a viabilidade dos equipos.
Como as restantes asociacións sen ánimo de lucro, os clubs de fútbol que non están constituídos como SAD están suxeitos a importantes obrigas contables, laborais e fiscais. Os procesos da presentación de contas normalizadas, liquidación de IVE, imposto de sociedades, tramitación de exencións, xestión de patrocinios, relacións laborais co equipo son algúns dos aspectos administrativos que un club modesto debe atender de xeito dilixente.
A relativa tolerancia co control destas obrigas que existiu no pasado finalizou, sobre todo no ámbito laboral. A xurisprudencia establecida pola Sala do Social do Tribunal Supremo na súa Sentenza do 2 de abril de 2009 para a unificación de doutrina, na que se limita drasticamente a viabilidade do "amateurismo compensado", é dicir a situación dos xogadores non profesionais (que teñen licenza de afeccionado e que están fóra do ámbito de aplicación do Real Decreto 1006/1985, do 26 de xuño) pero que reciben unha retribución pola súa actividade, obriga aos clubs modestos a unha reconsideración da súa lóxica de funcionamento.
En Galicia, o Tribunal Superior de Xustiza tamén tivo xa ocasión de pronunciarse neste tipo de asuntos.
XESPORT é unha resposta que vai permitirche adaptar o teu equipo á nova situación. Mediante un plan de xestión global asesorarémoste na posta ao día legal do teu club.
Sobre a base dun estudo individualizado e rigoroso da situación do voso equipo, saberemos formularvos a solución que necesitades para garantir a supervivencia financeira da entidade e a tranquilidade dos directivos.