Presentación

XESPORT é un servizo de consultaría para clubs deportivos que se orienta, en particular, cara ás necesidades do fútbol modesto.

No actual contexto de incremento do control das obrigas contables, fiscais e laborais dos clubs deportivos, XESPORT é unha resposta profesional e alcanzable para que o teu equipo se adapte á nova realidade. Somos unha solución práctica para a actualización da xestión económica do teu club.

Dende Xestión Social levamos dez anos de experiencia asesorando a entidades sen ánimo de lucro polo que coñecemos -a diferenza do que acontece coas xestorías para empresas- os límites, pero tamén as potencialidades da normativa contable, laboral e fiscal do sector das asociacións e os clubs.

Deseñamos un plan de xestión global para garantir a posta ao día legal do club, a tranquilidade dos seus directivos e a supervivencia financeira da entidade.

Achegamos a nosa experiencia para os procesos de captación de fondos, públicos e privados, que desenvolva o club.

Brindamos asesoría xurídica nos ámbitos da xustiza deportiva e ordinaria.

Establecemos convenios con compañías aseguradoras especializadas para garantir aos nosos clientes tarifas preferentes na cobertura do seguro de responsabilidade civil para administradores e directivos, co fin de garantir a completa tranquilidade que merece o xestor desinteresado destas entidades.

En resumo, queremos axudarte a modernizar a xestión do teu club para que a próxima tempada teñas que pensar só en cuestións deportivas.

Planifica a tempada 2013-2014 dende a tranquilidade de estar a facer as cousas ben!